25 ene. 2013

ENTROIDO 2013 en Pereiro de Aguiar

O Programa Concilia infórmaos de que o prazo para inscribir @s nen@s PARA O ENTROIDO 2013 (DÍAS 11 E 13 FEBREIRO) queda aberto.
Para anotar ó nen@ é OBRIGATORIO entregar na Aula D’abaixo:

• A ficha de inscrición do curso 2012-13 (que poden solicitar a través do correo aula_obradoiro@hotmail.com ou na propia aula D’abaixo).
• Certificado de empadroamento do nen@ OU do pai OU da nai OU dos titores legais.
• Certificado da empresa de traballo no que figure o horario laboral dos País/nais.

*QUEDAN EXENTOS DE ENTREGAR O CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO E OS CERTIFICADOS LABORAIS TODOS AQUELES NENOS QUE XA OS ENTREGARAN PARA O CURSO 2012-2013.

Moitas gracias, un saúdo
OS MONITORES DA AULA D’ABAIXO
25 de XANEIRO de 2013