7 ago. 2013

Convocatoria de emprego público no Concello de Pereiro

No Boletín Provincial da Provincia de Ourense (BOP) número 178 do luns 5 de agosto de 2013, publicáronse as bases para cubrir as seguintes prazas da oferta de emprego público 2010
do Concello do Pereiro de Aguiar:

Persoal funcionario de carreira.

1. Novo Ingreso.
- Grupo de clasificación: A. Subgrupo: A1. Clasificación: escala de administración especial. Subescala: técnica. Clase: técnico superior. Número de vacantes: 1.Denominación: arquitecto.

- Grupo de clasificación: A. Subgrupo: A1. Clasificación: escala de administración especial. Subescala: técnica. Clase: técnico superior. Número de vacantes: 1. Denominación: asesor xurídico en asuntos de urbanismo y demais servizos municipais.

- Grupo de clasificación: C. Subgrupo: C2. Clasificación: escala de administración xeral. Subescala: auxiliar. Número de vacantes: 5. Denominación: auxiliar administrativo de administración xeral.

2. Promoción interna.
- Grupo de clasificación: A. Subgrupo: A2. Clasificación: escala de administración xeral. Subescala de xestión. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico de xestión.

Persoal laboral fixo.


1. Novo Ingreso.
- Nivel de titulación: título de bacharelato ou técnico. Denominación do posto: encargado de obras e servizos municipais. Número de vacantes: 1.

- Nivel de titulación: sen requisitos de titulación dos previstos no sistema educativo.
- Denominación do posto: operario de servizos varios. Número de vacantes: 1.

Prazo presentación solicitudes: Vinte días naturais dende a publicación no BOP.