7 jun. 2014

VERÁN LÚDICO

Do 30 de xuño ao 18 de xullo o Concello organiza as seguintes actividades destinadas aos rapaces e rapazas de idades comprendidas entre 8 e 18 anos, distribuídas do seguinte xeito:
Nenos e nenas de entre 8 e 12 anos:
Luns, mércores e venres de 10.30 a 12.00 horas no Pavillón Municipal: Actividades deportivas.
Martes e xoves: de 10.30 a 12.00 horas na Biblioteca: Xogos cooperativos , xogos de pistas e obradoiros.
Mozos e mozas de 13 a 18 anos:
Luns, mércores e venres de 12.00 a 13.30 horas no Pavillón Municipal: Actividades deportivas, saídas etnográficas.
Para máis información e reserva de praza, chamade ao teléfono da Biblioteca Pública, 988.259.839 ou a través do e-mail:cultura@concellopereiro.com